Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 23
    Octubre
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Novas voces para a orquestra Los Españoles

    orquesta-los-espanoles-2012-karol-augustoA ribeirense Karol Augusto (foto) formará xunto con Ana Puñal a nova dianteira feminina da orquestra Los Españoles

    Non hai moito anunciabamos a baixa na orquestra LOS ESPAÑOLES das súas dúas voces femininas: Cristina Souto e Lourdes Jardón. Pouco tempo necesitou a dirección da formación musical para coller o recambio na dianteira de cara á nova temporada. As cantantes Ana Puñal e Carolina Augusto son as novas voces da orquestra.

    Ana Puñal é moi coñecida por pertencer a dianteiras de orquestras tan importantes como a CAPITOL, a PONTEVEDRA, SALSA ROSA ou o grupo ÁFRICA, que comezou a andar este ano 2011. Tamén en SALSA ROSA estivo a outra fichaxe de LOS ESPAÑOLES, a ribeirense Karol Augusto, que este ano procede do grupo ÁFRICA, de maneira que Karol e Ana volverán coincidir na dianteira, aínda que neste caso sexa doutra orquestra.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook