Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 09
    Octubre
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Novas incorporacións en Miami Show

    Orquesta Miami Show 2012 - Kerry Varella

    Kerry Varella (foto) e Llica Bascoy son as novas incorporacións da orquestra Miami Show para a dianteira

    É un dos nomes de orquestra que máis está dando que falar ultimamente. As características técnicas que presentará a formación musical, as fichaxes e o tipo de espectáculo que ofrecerá son datos que interesan, e moito, a un público que poderá ver a principios do próximo mes o nacemento da orquestra.

    E a información vén a contagotas. Desde a dirección da nova orquestra confírmannos a fichaxe de dous cantantes para a dianteira: Kerry Varella e Llica Bascoy. O primeiro procede do grupo ESTRELLA aínda que tamén formou parte da orquestra GALÁCTICA e de varios grupos máis en Galicia e tamén fóra das nosas fronteiras. En canto a Llica Bascoy, procede dun dúo musical pero tamén formou parte doutros nomes da verbena como LOS ESPAÑOLES ou TOKYO.

    A nova cantante de MIAMI SHOW pasa a ocupar o lugar reservado en principio para Cristina Souto, que decidiu abandonar o proxecto e incorporarse á orquestra PONTEVEDRA. Pola súa banda, MIAMI SHOW prosegue cos ensaios e traballa a marchas forzadas para presentarse ao público a principios do próximo mes. Seguiremos informando...

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook