Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 10
    Noviembre
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Nova proposta musical: Los Ángeles 2012

    Los Ángeles 2012 - grupo - cartelA nova formación pontevedresa Los Ángeles comeza temporada a mediados de decembro

    A temporada 2012 vaise caracterizar, entre outras cousas, pola aparición de moitas novas orquestras e grupos musicais verbeneiros. Un dos primeiros proxectos que se presenta xa cerrado é o do grupo pontevedrés LOS ÁNGELES; nome que garda toda unha ambiciosa proposta verbeneira da man de grandes profesionais da música, porque aquí o único novo é o nome e o concepto, os músicos e cantantes son grandes coñecidos da festa ou recoñecidos profesionais da composición.

    Así, a profesionalidade e mais a experiencia de todos os compoñentes, un espectáculo dinámico, un grande escenario, unha montaxe espectacular, son line array tecnare de 35000 watios, pantalla de led xigante, robótica, leds, etc... son as características principais da nova formación musical e farán do grupo LOS ÁNGELES un dos máis importantes á hora de ter en conta nas nosas verbenas galegas para esta e para as próximas temporadas.

    O grupo LOS ÁNGELES estará formado por grandes nomes da verbena galega e outro profesional da música:

    Jose (cantante e teclados), procede do grupo ARAMIO

    Vanessa Bouza (cantante), procede da orquestra SUPER STAR

    Javier Mouzo (cantante), procede da orquestra SUPER STAR e traballou en AMISTAD de Vigo

    José Luis Casado (batería), procede da orquestra ESTELARES e traballou en MARAZUL

    José Maria Argibay (teclados), profesor de música e compositor de Noche en el Hammam

    Tico (guitarra), procede de TORNADO e traballou en NUEVA MODA

    Nando (baixo e dirección), procede do grupo TRIUNFO e traballou nas orquestras OLYMPUS e SINTONÍA DE VIGO

    Álex (técnico de son e dirección) – procede de METRÓPOLIS

    A nova formación musical tamén informa de que se está preparando unha páxina web baixo o dominio www.grupolosangeles.es, que estará dispoñible moi pronto. Ademais, o grupo estará presente na rede social Facebook.

    LOS ÁNGELES será unha das novas formacións coas que contará o catálogo da axencia Sito Mariño Espectáculos. Mediante ela realizarase a contratación.

    A punto está de saír unha nova formación musical para ter moi en conta en 2012: LOS ÁNGELES pisarán forte a partir de decembro nas salas e campos de festa de toda Galicia. En breve comeza o espectáculo...

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook