Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 12
    Enero
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Nova imaxe para Samba 2012

    Samba 2012 - grupo - cartelNova imaxe para o grupo Samba coa incorporación dos novos compoñentes, Chedy e Diego, voz e batería respectivamente

    O grupo SAMBA xa está en ruta coas primeiras actuacións do ano. A formación musical de Manuel e Estela renova imaxe e páxina web para seguir manténdonos informados. Coa filosofía de sempre: música de baile en rigoroso directo, SAMBA presenta este ano dúas novas caras nas súas filas.

    Porque esta temporada o grupo verbeneiro estrea voz masculina CHEDY DE LEÓN (procedente da agrupación VERANO AZUL) e un dos músicos, DIEGO, novo batería que procede dun grupo de Ourense, nunha edición na que o grupo quere seguir potenciando a súa presenza nas redes sociais e na páxina web propia, onde poderemos consultar as actuacións (xa están colgadas as de xaneiro), ver fotos e vídeos ou coñecer a traxectoria dos seus compoñentes.

    Cun repertorio adaptado a cada festa e a todos os públicos, SAMBA quere seguir ofrecendo un traballo de calidade e en rigoroso directo, nun escenario estreado hai dúas temporadas onde poderemos gozar dos temas verbeneiros de sempre xunto con outras pezas de lucimento de voces e todas as novidades que o grupo ten preparadas para esta nova temporada.

    En 2012 SAMBA segue indo a máis...

    Grupo Samba 2012 - Captura webCaptura da renovada páxina web do grupo Samba para 2012

    Visita: www.gruposamba.es

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook