Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 14
    Febrero
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Nova imaxe para o grupo Master

    grupo-master-2010-cartel-novoCartel do grupo Master 2010 coa nova formación totalmente renovada

    Non hai moito informabamos da reaparición do grupo MASTER, con novos compoñentes e da man da axencia de espectáculos Lito. Unha nova formación musical que quere facerse un oco no mundo das festas ou, mellor dito, recuperar o que xa tiña como un dos grupos máis solicitados para as actuacións. Pero da antiga banda MASTER non queda máis que o nome, porque todos os seus integrantes son novos na formación musical e salvo un deles, o resto proceden todos doutras orquestras e grupos ben coñecidos na verbena galega.

    O grupo está composto por Dani e Cibrán (vocalistas, o segundo procede de NOVA PALMA), Cabecho (guitarra, procedente de JERUSALÉN), Eder (baixo, procedente do grupo JOCKER), Esteban (batería, procedente de CAPITOL) e Pablo (teclados, procedente do grupo LIMÓN).

    En breve a formación musical tamén presentará a súa nova páxina web; e así serán dúas as webs dedicadas ao grupo porque, ademais da oficial, tamén hai unha nova páxina dos seguidores de MASTER. Aínda que faltan contidos nos distintos apartados, a nova web do club de fans de MASTER preséntase moi completa xa que terá vídeos, fotos, calendario e incluso entrevistas aos compoñentes.

    O novo grupo MASTER xa está aquí, e esta vez esperemos que para quedar.

    grupo-master-2010-web-do-club-de-fansPresentación da páxina web do club de fans de Master Band

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook