Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 27
    Febrero
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Nova imaxe para o grupo Aramio

    Aramio 2012 - grupo - cartelNa dianteira do cartel, os vocalistas de Aramio. De esquerda a dereita: Eladio, Cristina e Álex (nova incorporación)

    Fieis a cada principio de temporada, os amigos do grupo ARAMIO preséntannos o que será o seu novo cartel para a temporada que xa comezan. Os cambios este ano son moi poucos, pois non hai que salientar máis que a entrada do novo vocalista Álex Costas, que procede do grupo SAMBA 2011 e fora durante 11 anos voz principal de AMÉRICA SL.

    Un repertorio moi bailable e completo fai de ARAMIO unha interesante proposta para as festas populares.

    GRUPO ARAMIO 2012

    Cristina (voz)

    Eladio (voz)

    Álex Costas (voz)

    Néstor (guitarra, mandolina e teclados)

    Chus (baixo e guitarra)

    Fran (teclados e gaita)

    Óscar (batería)

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook