Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 11
    Marzo
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Nova imaxe para Marbella 2012

    Marbella 2012 - orquesta - cartelA nova imaxe de Marbella reforza a súa dianteira nun cartel moi vistoso. De esquerda a dereita Deivid (novo), Irene Iglesias, Maika Fernández (nova) e Xurxo Casás

    Cartel de luxo para a orquestra pontevedresa MARBELLA. A formación musical xa está traballando o calendario disposto para este ano 2012 en salas de festa e nas primeiras citas en campos de festa.

    Catro cambios nos músicos e cantantes e unha nova incorporación na dianteira para reforzar a sección masculina ademais de melloras no escenario son algunhas das novidades que traerá a nova MARBELLA 2012.

    Os cambios de músicos e cantante son os seguintes: Desde TANGO chega Maika Fernández para substituír a Noelia Solleiro; e desde a mesma formación musical tamén chega Nico (teclados) para substituír a Yosvel. El Pollo (trompeta procedente de OLYMPUS) chega á formación musical para ocupar o lugar de Marrón. Da orquestra GALILEA chega Álex (saxofón) para substituír a Ponce. O teclista tamén fará o labor de dirección da orquestra.

    Ademais de todos estes cambios haberá unha incorporación a maiores na dianteira masculina: Deivid (ex JOCKER ou ALKAR) chega para facer con Xurxo un dúo explosivo e moi dinámico que lle dará unha nova forza á dianteira. Esta nova incorporación implica que o labor de Víctor (máximo responsable de MARBELLA) se vexa diminuído para poder atender ao seu traballo como representante da axencia Espectáculos Lito, na cal está integrada a súa orquestra, aínda que fará algunha aparición en moitas festas (de feito Víctor non aparece no novo afiche de MARBELLA).

    Os cambios implican unha forte renovación na orquestra, comparable coa do ano 2010 na que tamén houbera un recambio importante que afectará principalmente á dianteira. En 2010 a orquestra tamén estreara un espectacular equipo de son. En 2011 os cambios reducíronse a dous compoñentes pero en canto á montaxe incorporou cambios significativos no escenario. Agora en 2012 haberá de novo un recambio importante nos compoñentes e tamén cambios na estrutura do escenario cunha ampliación que fará o espectáculo de MARBELLA moito máis vistoso.

    Sobra dicir que con estes cambios a orquestra sae reforzada e disposta a arrasar en 2012, temporada para a que xa ten contratadas máis de 90 datas. O ano 2012 é de MARBELLA!

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook