Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 11
    Abril
    2013

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Nova cita coa xuventude en Cambre

    Samba 2012 - grupo - cartelO grupo Samba volve coincidir con Panorama na Festa da Xuventude de Santa María de Vigo, en Cambre

    A localidade de Santa María de Vigo celebra esta noite a súa Festa da Xuventude. A localidade cambrense ofrece outro ano máis esta cita que se consolida no calendario festeiro galego. Despois da gran cigalada e churrascada comezará a festa da man do grupo SAMBA e a orquestra PANORAMA, que xa coincidiron outros anos neste mesmo campo da festa.

    Música de verbena 100% por parte do grupo SAMBA cunha parte dedicada á xuventude e espectáculo de primeira por parte de PANORAMA, que desde onte presenta a súa "nova" voz, Lydia Salar, en substitución de Dunia Santana, coa súa xira do 25 Aniversario, Remember Tour 2013. Ademais, a orquestra caldense vai introducindo novidades na montaxe e no repertorio, máis se cabe co cambio nas voces.

    O campo de festas en Santa María de Vigo quedará, unha vez máis, pequeno ante a masiva asistencia que se espera. SAMBA e PANORAMA volven coincidir para deixar ben alto o listón en Cambre.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook