Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 03
    Febrero
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Noticias frescas na verbena galega

    Orquesta Israel Espectáculo 2012 - Foto dianteiraDianteira da orquestra Israel Espectáculo 2012. A formación musical gravou un programa para a TVG que se emitirá o 11 de febreiro. Estiveron acompañados por outra grande, Los Satélites

    Esta xornada pasada foi un día de moita acción no verbeneo galego. As orquestras e grupos musicais preparan montaxes, levan a cabo ensaios, gravacións, sesións de fotos para a promoción, etc... O forte da temporada está máis cerca do que parece e esta vai ser, segundo todos os indicios, unha edición moi dura onde a competitividade e competencia entre formacións pode determinar a saída de máis traballo nun tempo no que parece que vai escasear máis do desexable.

    E entre tanto axetreo están os compoñentes da renovadísima orquestra ISRAEL ESPECTÁCULO. A formación musical estivo gravando para a TVG un programa especial con motivo do Día dos Namorados (14 de febreiro, aínda que se emitirá o sábado 11) xunto cunha das grandes orquestras tradicionais de sempre: LOS SATÉLITES. Outra oportunidade de ver a orquestra antes de que saia en marzo coas primeiras datas da temporada.

    E outros que volven a carga son os amigos de CICLÓN. Seis caras novas, e nova tamén a montaxe e o espectáculo que nos queren ofrecer para 2012. Esta nova temporada caracterízase en CICLÓN porque o grupo se fai grande en todos os sentidos. No ámbito de compoñentes pasa de 8 a 10 persoas no escenario, e no ámbito de repertorio e montaxe o grupo seguirá sendo un dos máis orixinais e persoais, co mesmo carácter de sempre e con ganas renovadas.

    O pasado 20 de xaneiro Noelia García daba a luz a súa filla Nuria, a gran noticia da cantante para esta temporada. Noraboa!

    Pero a dicir verdade no grupo máis que 10, serán 11, porque hai unha nova compoñente (nova en todos os sentidos), quizais a ciclónica máis noviña do momento. Noelia García, a única voz feminina ata o momento, daba a luz hai unhas semanas a súa primeira filla, Nuria, e quixo compartir cos amigos de Festa a Festa a noticia, seguro que para ela, a máis importante da temporada en CICLÓN; e será que non hai noticias... Onte o grupo compostelán volvía ao traballo de ensaios e montaxe no que xa están inmersos desde hai un par de semanas, pero é que onte, ademais, o grupo sometíase a unha sesión de fotos para presentarnos en breve a nova imaxe do grupo CICLÓN grande ou gran grupo CICLÓN, que aínda que non é o mesmo, nos valen as dúas frases.

    Samba 2012 - grupo - cartelNova imaxe do grupo Samba 2012. Pronto novo disco

    Por outro lado tamén soubemos que o grupo SAMBA está gravando o que será o seu segundo traballo discográfico. Tamén imaxe renovada para esta formación musical con dous cambios nas súas filas, que seguro que achegarán máis forza e frescura ao grupo liderado por Manuel e Estela. SAMBA xa está actuando desde principios de ano en salas de festas, discotecas e festas de inverno.

    París de Noia - 2010 - 001 - Aguiño (Ribeira)O escenario de París de Noia acéndese, óense os primeiros acordes: comeza o espectáculo

    E para acabar por hoxe, tamén informamos de que a orquestra PARÍS DE NOIA está levando a cabo cambios no seu espectacular escenario. A novidade de hoxe vai de pantallas. Os técnicos estiveron colocando diversas pantallas en diferentes puntos do palco. O escenario de PARÍS DE NOIA é un dos máis completos e vistosos do mercado nestes momentos, pero a dirección da formación musical está sempre disposta a ofrecer montaxes de calidade que se renovan cada temporada e desta volta non ía ser menos. De seguro que o escenario da afamada orquestra será aínda máis espectacular e grandioso se cabe.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook