Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 08
    Junio
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Noite de quedada en Parderrubias

    A Merca 2012 - Festas de Parderrubias - cartel

    No concello ourensán da Merca Parderrubias está de festas. E das tres xornadas festivas sen dúbida a máis importante é a primeira, que xunta a dúas orquestras de nivel para inaugurar as celebracións. LEDICIA ESPECTÁCULO desde Ourense amenizará a primeira verbena acompañada de PARÍS DE NOIA. Unha combinación pouco usual debido a que as dúas formacións forman parte de catálogos de diferentes axencias.

    E a esta festa a PARÍS trae novidades, entre outras o novo espectáculo xa completo coa montaxe de 2012 que estreou en parte o 31 de maio, ou a Iª quedada de fans de PARÍS DE NOIA.

    Unha combinación moi orixinal a de ter as dúas formacións na mesma festa, pois combinan ambas a música de baile con marcado sabor latino co espectáculo visual, as coreografías e a música de verbena de sempre cos últimos hits do momento.

    Pola localidade pasará mañá outra formacións musical e o domingo haberá unha sesión vermú con música de banda. Comeza a festa en Parderrubias!

    París de Noia 2012 - orquesta - cartelParís de Noia celebra hoxe en Parderrubias a súa Iª Quedada de fans

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook