Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 22
    Agosto
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Noia celebra o San Bartolomeu con verbenas e concertos

    Noia 2012 - Festas de San Bartolomeu - cartelA localidade coruñesa de Noia celebra as súas segundas festas do ano. Porque despois do San Marcos, o patrón, que ten a súa festividade a finais de abril, agora chega o San Bartolomeu. Ata o vindeiro domingo pasarán grupos e orquestras para dar o mellor da verbena e entre todos formar un cartel moi completo con orquestras e grupos moi variados. O baile de sempre, o espectáculo e tamén temas que non é fácil atopar nos repertorios de moitas orquestras... todo isto ofrece o cartel musical de agosto en Noia.

    Porque se as festas se abren con SUAVECITO e LOS SATÉLITES (música de sempre e para bailar de dúas formacións moi elegantes, día 23), a orquestra SOLARA segue o venres 24 (ademais dos concertos de FIADEIRO e SON DE SEU), e a orquestra cántabra HOLLYWOOD NIGHT seguirá na noite do sábado (tamén esa noite haberá concertos a cargo de MARYLAND e KIKO VENENO). As festas rematan o domingo por todo o alto cunha verbena-concerto a cargo do grupo asturiano ASSIA.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook