Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 29
    Junio
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    No concello da Laracha hai festa por partida dobre

    Orquesta Palladium - 2010 - 057 - VilalongaA orquestra Palladium cerra o domingo a Festa das Cereixas en Paiosaco (A Laracha) / © Foto: roxegar 2010

    O Concello da Laracha volve ofrecer outra das súas festas, neste caso as de Soandres. A orquestra OLYMPUS e o grupo METRÓPOLIS son os primeiros actuar nestas afamadas celebracións de San Pedro. A orquestra coruñesa CENIZA continúa co cartel deseñado para a noite do sábado e a formación MARCA despide os festexos o domingo.

    Pero non será esta a única celebración no concello, porque a localidade de Paiosaco volve a acoller festa no seu campo da feira, nesta ocasión a das Cereixas. O grupo SAMBA e a orquestra PALLADIUM actuarán sábado e domingo respectivamente, despois de que a localidade larachesa estivese de festas patronais hai escasamente dúas semanas.

    Pola súa banda, a localidade larachesa de Soandres volverá a estar de festas dentro de escasamente un mes. Antes no concello soarán os acordes festeiros noutra parroquia, Golmar, dentro dun par de semanas.

    E é que o concello coruñés da Laracha ten festas durante todo o verán, "para dar e tomar".

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook