Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 22
    Agosto
    2014

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Ángel Rodríguez pon fin a 25 anos de andaina no grupo América

    Grupo América 2014 - cartelÁngel Rodríguez, terceiro empezando pola dereita, deixa o grupo América para a próxima temporada

    A voz principal de América dá por finalizada unha andaina de 25 anos de historia

    Movemento no mítico grupo AMÉRICA de Vigo. Hoxe unha das súas voces, Ángel Rodríguez, anunciou que non seguirá na próxima temporada. Polo momento é unha das baixas máis importantes no verbeneo galego pois para moitos Ángel é unha parte fundamental na banda viguesa, non en van leva 25 anos como compoñente importante no grupo, e opinan que incluso marchará con el a esencia marcada e característica de AMÉRICA.

    AMÉRICA de Vigo foi fundado en 1976 e mantivo durante todo este tempo un estilo propio e único na verbena. Esta temporada o elenco de músicos está formado polos seguintes profesionais: Ángel Rodríquez e David Carrasco (voces), Manu Abalo (voz, guitarra e teclados), Eder (baixo e coros), Faílde (batería e coros), Sito Muíños (teclados e coros).

    Queda por ver ata que punto cambiará a esencia da banda viguesa e de que xeito pode cambiar o concepto de AMÉRICA na verbena galega.

    Tamén saberemos pronto cal será o destino de Ángel de cara á próxima tempada. Seguiremos informado.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook