Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 19
    Febrero
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Nas Pontes a festa vai de grelos

    As_Pontes_2012_-_Feira_do_Grelo_-_cartelCartel promocional da Feira do Grelo das Pontes, que xa vai pola súa edición número 32

    A localidade coruñesa das Pontes celebra un ano máis a súa Feira do Grelo con exposicións e concursos en torno ao produto moi apreciado na zona. Ademais, como en cada edición, haberá cocido e filloas no centro da vila para pasar un bo día. Charangas e música tampouco vai faltar. Tamén haberá unha mostra de artesanía e produtos do Eume, que xa vén sendo habitual cada ano.

    O mesmo que Lalín, As Pontes aproveita a época do Entroido para promocionar un dos seus produtos típicos. E por festas non ha de ser, porque en quince días a localidade presentará unha nova festa gastronómica moi a ter en conta nos nosos calendarios.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook