Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 16
    Marzo
    2013

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Nas Gándaras tamén celebran o San Xosé

    Lugo 2013 - Festas de San Xosé nas Gándaras - cartel

    Seguimos por terras luguesas, neste caso As Gándaras. Son as festas de San Xosé e durante tres días desenvolverase un programa festivo no que priman as orquestras. Se onte ACORDES era a encargada de abrir as celebracións despois da popular churrascada, hoxe tócalle a BREIXA BAND, que presenta unha formación renovada, e a CANADÁ, con cambios nos compoñentes, novo escenario e nova montaxe con temas novos no repertorio.

    As celebracións de San Xosé rematarán o domingo coa actuación, de novo, da orquestra BREIXA BAND. Esta formación musical xunto con ACORDES formarán parte do cartel de 9 orquestras que actuarán en Lugo os días 5 e 6 de abril no xa tradicional Festival de Orquestras, do que iremos informando segundo se achegue a cita.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook