Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 11
    Febrero
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Nadela celebra a súa Feira de Entroido

    A só sete quilómetros do centro de Lugo ten lugar unha das feiras de Entroido máis concorridas da zona: a Feira de Nadela. Coincidindo en día e en tipo de actividades con Lalín e a súa Feira do Cocido, nesta localidade luguesa tamén exaltan os produtos típicos do porco con moitos actos e, como non, música de festa. Nesta ocasión a oportunidade de ir de baile será dupla, porque o sábado tamén hai verbena.

    Está a só sete quilómetros do centro da cidade pero parece que houbese moitos máis. A paisaxe cambia drasticamente en Nadela, e esta paraxe case idílica aprovéitase esta fin de semana para ofrecer ao público, un ano máis, a xa tradicional Feira do Entroido. Un completo programa, con música incluída, desta vez da man de tres agrupacións verbeneiras (LEMBRANZA e ÉLITE o sábado) e a orquestra STEREO para o día grande; e todas as facilidades porque mesmo haberá unha liña de buses gratuíta desde Lugo, que sae do IES Virxe dos Ollos Grandes (na entrada do recinto feiral do San Froilán).

    Unha boa ocasión para degustar os produtos típicos desta época do ano, botar unhas pezas e gozar do incomparable marco, en plena natureza e a menos de media hora do centro da cidade.

    Stereo 2012 - orquesta - cartelA orquestra Stereo, de Lugo, é o prato forte para o día propio da feira, mañá domingo. Hoxe como adianto actuarán as agrupacións musicais Élite e Lembranza

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook