Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 22
    Enero
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Nada será igual: Canadá 2012

    Orquesta Canadá 2012 - Samuel Guedes (cantante) O cantante canario Samuel Guedes é unha das novas incorporacións da orquestra Canadá 2012

    A orquestra CANADÁ afronta no seu segundo ano de existencia unha profunda renovación. Despois dunha primeira temporada de éxito na que a formación musical se deu a coñecer cun bo plantel musical e vocal, esta segunda edición toca renovación. Os cambios danse tanto no cadro de músicos como na dianteira, e pouco a pouco CANADÁ 2012 vai tomando forma.

    As novas incorporacións na dianteira son a de SAMUEL GUEDES, cantante canario que chega á formación musical con forza e ganas de dalo todo, e PATRICIA IGLESIAS, coñecida cantante que formou parte durante varias temporadas da orquestra COMPOSTELA. En 2011, Patricia traballou no trío MEIGAS coa súa compañeira en COMPOSTELA ANA IGLESIAS e RUTH NÚÑEZ (fichaxe en CHARLESTON BIG BAND 2012). Agora en CANADÁ ocupará o lugar deixado por SANELA FERIZOVIC (PHILADELPHIA). A outra vocalista de 2011, ROCÍO FOUZ, continúa na formación musical e é a única que repite.

    E no cadro musical podemos falar de dúas novas incorporacións: LUCAS DÍAZ, trompetista procedente da orquestra GRAN CANARIA, e MIGUEL COBECHO, que chega desde o grupo MASTER.

    A dicir verdade o lema de CANADÁ non pode ir mellor porque, realmente, con CANADÁ 2012 NADA SERÁ IGUAL.

    En breve máis información.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook