Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 24
    Enero
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Nace unha nova orquestra: Manhattan

    orquesta-manhattan-2010-cartelNace un novo proxecto musical: orquestra Manhattan da Coruña

    Un novo nome para ter en conta: orquestra MANHATTAN da Coruña. Desde hai pouco máis dunha semana xa hai unha nova orquestra polas salas e campos de festa aínda que para ser precisos, sendo un novo proxecto, procede da anterior orquestra coruñesa LOS PRÍNCIPES.

    A formación LOS PRÍNCIPES dá paso a un novo proxecto musical, a orquestra MANHATTAN. Da man dos mesmos donos de LOS PRÍNCIPES, K'PRICHO o LOS GEMELOS Y SU ORQUESTA, todas elas extintas salvo na memoria festeira, desde o pasado 16 de xaneiro, día en que foi presentada en Vilalba, a nova formación musical está disposta a amenizar calquera festa ou acto lúdico para o que sexa contratada.

    13 profesionais serán os encargados de levar a bo porto o novo proxecto musical: Whilsom (trombón) (ex SOLARA),  Levi (trompeta, procedente dunha orquestra francesa), Igor (saxo) (ex ACORDES), Rubén (batería) (ex CHASTON), Toño (baixo) (ex CIBELES), Lucía (cantante) (ex CIBELES), Arancha (voz) (ex ALIANZA), Martín (voz) (ex LAMAS) e Calú Méndez (voz) (ex VERSALLES). A estes habería que engadir os que proceden de LOS PRÍNCIPES: Pablo (trompeta), Misael (saxo), Moncho (teclista) e Rogelio (guitarra).

    A orquestra MANHATTAN formará parte do catálogo da axencia de espectáculos Siglo XXI e ten tamén unha nova páxina web que está sendo completada e actualizada.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook