Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 15
    Febrero
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Nace unha nova festa en Culleredo

    Culleredo 2012 - I Festa do cocido O Burgo - cartelNos tempos que corren o normal é dar noticias da desaparición de moitas festas populares por falta de presuposto. Algúns concellos suprimen as axudas para a celebración das festas das parroquias e barrios, e as comisións de festas cada vez teñen máis problemas para xuntar os cartos con que pagar as orquestras e demais atraccións. Por todo isto ver un cartel con 1º Festa chama a atención, e máis se o concello no que se vai desenvolver está literalmente empapelado cos anuncios da celebración.

    Isto pasa en Culleredo, onde esta fin de semana terá lugar a 1º Festa do Cocido coa actuación de orquestras de primeira liña no paseo marítimo da localidade. O Burgo, famoso polas súas festas de xullo, que congregan a milleiros de persoas, volve ser referencia festeira, agora no Entroido, coa organización desta nova festa gastronómica.

    Culleredo 2012 - I Festa do cocido O Burgo - programa orquestrasNeste caso o Concello non ten nada que ver, pois é unha empresa privada a que organiza tal evento. Durante cinco días pasarán algunhas das consideradas mellores orquestras do catálogo de Espectáculos Lito: PARÍS DE NOIA (venres), OLYMPUS (sábado), PHILADELPHIA (domingo), COSTA OESTE (luns) e ACHÉ (martes). Ademais, dúas atraccións completan o apartado musical: SUSANA SEIVANE (domingo xunto coa orquestra PHILADELPHIA) e o cantautor HUGO TORREIRO (o martes na Gala Benéfica contra o Cancro, que no Burgo chega á súa segunda edición, desta volta coa orquestra ACHÉ).

    O apartado gastronómico é moi completo e xa está todo organizado para acoller 200 mesas para acomodar a 1600 persoas. 2500 metros cadrados de carpas climatizadas nunha paraxe á beira da ría (no campo da festa do Burgo).

    Os promotores queren facer desta cita unha festa anual e chegar polo menos a facer tantas edicións como a Festa do Cocido de Lalín. Estamos seguros que a 1º Festa do Cocido do Burgo seguirá adiante, pois o cartel é impresionante e este tipo de evento non se fai pola comarca. Durante cinco días a festa está instalada no Burgo, e promete ser todo un éxito.

    Culleredo 2012 - I Festa do cocido O Burgo - programa

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook