Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 01
    Abril
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Nace unha nova festa en Antas de Ulla

    161975_194616103891695_7783831_n1

    O concello de Antas de Ulla dálle vida hoxe a unha nova celebración: a Festa da Xuventude

    Antas de Ulla celebrará a súa Festa da Xuventude hoxe venres, primeiro de abril, cun programa repleto de actividades. A festa, que se desenvolverá na Praza Nova da localidade, comezará ás cinco da tarde cunha sesión de xogos populares. Ademais das tradicionais partidas de fútbol ou 3x3, os asistentes poderán participar tamén noutras actividades máis orixinais, como o tiro de boina ou o tiro da boina.

    Ás oito da tarde arrincará a ‘senda do elefante', que consiste nun percorrido polos bares de Antas en compañía do grupo tradicional Charamela.

    A cea popular, á que se pode asistir por tres euros, empezará ás dez. A celebración terminará cunha verbena amenizada por dúas orquestras: OLYMPUS e a cambresa FANIA BLANCO SHOW.

    A Asociación cultural O Farelo organiza o festexo para «ofrecer novas alternativas de lecer aos mozos da zona». Nace hoxe, con afán de seguir ao longo dos anos, a Festa da Xuventude de Antas de Ulla. Longa vida lle desexamos...

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook