Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 29
    Marzo
    2013

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Nace unha nova "festa da xuventude"

    Lourenzá 2013 - I Festa da Xuventude en San Tomé - cartel

    En terras luguesas de Lourenzá, en Santo Tomé hai hoxe festa. Non é o patrón nin, evidentemente, son as festas do verán. É unha nova cita para ter en conta, a Festa da Xuventude, que agardamos que teña continuidade ao longo das próximas temporadas.

    A cargo dun grupo e dúas orquestras de renome hoxe os veciños e visitantes de toda a provincia de Lugo e mesmo de Asturias terán a oportunidade de gozar dunha gran verbena ata altas horas da madrugada. O grupo TEKILA de Asturias e as galegas COSTA OESTE e JERUSALÉN encargaranse da música. Ademais, a orquestra de Jorge Menéndez presenta hoxe a súa nova proposta festeira para 2013 baixo o título Carretera y baile. JERUSALÉN renova repertorio como en cada comezo de temporada para seguir sendo unha das orquestras co repertorio máis completo, onde prevalece a música de baile, en rigoroso directo, combinado con temas de sempre e incluso algún tema propio. JERUSALÉN tamén presentará novo CD este ano, igual que o fixera en 2012 con grande éxito de aceptación. Mentres non sae o novo traballo aínda se pode adquirir o anterior en todas as súas actuacións.

    Hoxe en Santo Tomé (Lourenzá) festa por partida tripla e novidades verbeneiras.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook