Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 06
    Abril
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Nace a orquestra Gaia

    Gaia 2011 - orquesta - cartel 2Cartel promocional da nova orquestra Gaia

    Se hai uns días presentamos o grupo ÁFRICA ou a nova orquestra CANADÁ, hoxe temos que dar conta doutra nova banda disposta a arrasar nas noites verbeneiras. Desde Camelle presentamos a orquestra GAIA.

    A nova formación musical composta por nove profesionais sobre o escenario ofrecerá un repertorio moi variado e actual, tanto para veteranos como para a xuventude. Agora mesmo están cos últimos ensaios e retoques, ultimando xa os detalles do espectáculo, xa que arrancan coas actuacións a partir do día 23 deste mes de abril.

    En canto aos compoñentes, temos que dicir que todos levan ao lombo anos de experiencia no mundo das orquestras. Nomes ben coñecidos nas formacións musicais destas últimas temporadas, como Amaya, a vocalista procedente da orquestra CIBELES; Raúl El Gallo, que vén da tamén coruñesa JUAN MALLO; Kikín, o pianista, ex MELÓDICOS e procedente da FANIA BLANCO SHOW, ou Cejas, o trompeta, procedente da orquestra LOS TROVADORES... GAIA está composta por estes nove músicos e vocalistas:

    Gaia 2011 - orquesta - fotoFoto de promoción dos compoñentes de Gaia

    ORQUESTRA GAIA 2011 - Amaya Aller, voz principal - Raúl "El Gallo", voz principal - Ángel "Cejas", trompeta - Julián Ramos, saxos - Diego Puga, batería - Ricardo Quevedo, baixo e voz - Gabriel Velázquez, guitarra, teclados e percusión - David Rodríguez, guitarra - Kikín Fernández, piano

    Buscando "Orquesta Gaia" en Facebook poderedes encontrar información actualizada sobre a orquestra, noticias, fotos dos compoñentes e ensaios... E para as contratacións este é o teléfono de contacto: 605408020

    A partir do día 23 hai un novo nome a ter en conta nas verbenas galegas: ORQUESTRA GAIA. Boa sorte!!!

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook