Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 23
    Marzo
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Nace a Festa do Pan de Pontevedra

    Pontevedra 2012 - Festa do Pan - cartel

    Nada para celebrar unha nova denominación de orixe que montar unha boa festa. E isto é o que fixeron en terras do Lérez. A Festa do Pan de Pontevedra arranca esta noite na súa primeira edición esperando que a cita se vaia consolidando.

    Aínda que a convocatoria musical de verbena é só hoxe, a festa continuará con diversos actos e degustacións ata o vindeiro domingo na Praza de España (fronte ao Concello). Os convidados a esta primeira gala son o humorista MANQUIÑA e o cantante COYOTE DAX. A música de verbena será a cargo da grande orquestra MARBELLA presentando o repertorio 2012. Víctor Rodríguez e a súa orquestra tocan hoxe na casa e presentarán novidades no repertorio que adianta unha temporada de moita música de baile pero que toca todos os estilos musicais dunha verbena do século XXI en Galicia combinando cumbias, merengues e pasodobles con temas pop, rock e os últimos hits musicais das radiofórmulas e pistas de baile.

    Esperamos poder seguir informando desta nova festa en temporadas vindeiras, será mostra de que seguimos de festa e de esta nova iniciativa acadou éxito e segue adiante. Hoxe a música está en Pontevedra con MARBELLA.

    Pontevedra 2012 - Festa do Pan - programaClica na imaxe para vela a maior tamaño e acceder á información

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook