Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 10
    Mayo
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Nace a Festa da Xuventude de Lariño

    Carnota 2011 - I Festa da Xuventude de Lariño - cartelCartel promocional da 1ª Festa da Xuventude de Lariño, aínda que incompleto, pois na localidade actuará tamén o grupo Triunfo

    En Lariño parecía que tiñan todo preparado para a 1ª Festa da Xuventude "Memorial Toles", pero non. Lonxe de conformarse coa actuación de dúas formacións musicais, a Comisión de Festas loitou para traer unha terceira, e semella que o conseguiu. Tres serán as orquestras e grupos que toquen nesta primeira edición en Lariño.

    Xa é difícil crear novas festas cando a tendencia é a que algunhas que se viñan facendo este ano xa non existirán. Pero aínda é máis difícil reunir tres formacións musicais, por asequibles que sexan, para facer unha festa que aínda se ten que asentar no calendario. Pero en Lariño non hai dúbida de que esta primeira edición será todo un éxito: NUEVA GENERACIÓN e os grupos MASTER e TRIUNFO serán os encargados de que a festa sexa todo un éxito. Sobre todo os dous grupos que estarán en Lariño están a ter éxito e boas críticas estas últimas temporadas.

    E o tempo acompañará. No concello de Carnota presúmese unha boa festa este venres.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook