Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 20
    Abril
    2013

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Nace a Festa da Xuventude de Herbogo

    Rois 2013 - I Festa da Xuventude en Herbogo - cartelA orquestra Aché actúa esta noite na I Festa da Xuventude de Herbogo, en Rois

    Hai moitas festas que pasaron a mellor vida; a crise é a responsable principal diso, aínda que afortunadamente tamén hai algunhas outras que comezan a andar coa esperanza de afianzárense no calendario verbeneiro. É o caso da Festa da Xuventude de Herbogo, no concello coruñés de Rois, que presenta hoxe a súa primeira edición cunha sesión DJ e a xira 2012 + 1 da orquestra ACHÉ.

    A formación musical de Vilanova de Arousa está a presentar este mes as novidades máis importantes no seu repertorio, con algunha cara nova nos músicos e tamén na dianteira, pero conservando a esencia ACHÉ que a levou a onde está nestes momentos: unha orquestra ben coñecida, con moitos seguidores e caracterizada por un repertorio moi bailable. Esta noite en Herbogo terá o honor de ser a primeira orquestra que pase pola Festa da Xuventude, coa esperanza de que nos próximos anos poidamos seguir dando conta desta celebración.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook