Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 07
    Marzo
    2013

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Na Pascua de Padrón empezan as da casa

    Charleston Big Band 2013 - orquesta - cartelNova imaxe da orquestra padronesa Charleston Big Band

    Charleston Big Band e Atenas abren as actuacións da Pascua 2013 en Padrón

    A falta de escasamente dúas semanas para o inicio das festas, xa se coñece o cartel de orquestras e grupos que actuarán este ano nas celebracións máis populares da vila de Rosalía. Catorce formacións musicais de Representaciones Lito serán as encargadas de poñerlle a música á Pascua e á Pascuílla en Padrón.

    As primeiras en actuar serán as formacións musicais da zona. Non podían faltar na Pascua padronesa o grupo ATENAS e a orquestra máis famosa do concello, a CHARLESTON BIG BAND, que ofrecerán os seus repertorios o sábado 30 de marzo. As formacións JERUSALÉN e ACHÉ serán as encargadas das verbenas do domingo de Pascua. O día seguinte, festivo local, pasarán polo centro da vila o grupo ALKAR e a orquestra PARÍS DE NOIA, e o martes, repetindo con respecto do ano pasado a orquestra PANORAMA acompañada do grupo LA OCA de Sanxenxo.

    Haberá que agardar ao venres para continuar co calendario de actuacións: o grupo OCÉANO e a ORQUESTRA DA TELEVISIÓN NORDÉS actuarán ese día. O sábado farano a orquesra SINTONÍA DE VIGO e o grupo CICLÓN; e para rematar as festas de 2013 contarase coa orquestra GRAN PARADA e o grupo CLAXXON.

    Haberá, como é costume, moitas actividades lúdicas e deportivas, feiras, concursos e un gran recinto de atraccións de feira e casetas no Paseo do Espolón, Campo do Souto e explanada do campo de fútbol. A Pascua de Padrón é a primeira gran cita de feira e verbena en Galicia, atrás virá o resto para marcar de novo o ano festeiro.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook