Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 26
    Febrero
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Na cama con Uxío Mayo

    Grupo Ciclón - 2010 - 047 - Ribeira

    Uxío Mayo nunha actuación co grupo Ciclón na pasada temporada / © Foto: roxegar 2010

    Non hai titular máis afastado da realidade ca este, porque o cantante compostelán non para nin un segundo. Unha das voces do grupo CICLÓN ten novo traballo en solitario, Diario de un fetichista, que anunciamos en Festa a Festa non hai moito tempo. Pero este novo "fillo" que Uxío acaba de parir é a maiores do seu traballo no exitoso grupo CICLÓN, á parte, tamén, de compoñer e arranxar, e de colaborar incluso con outras formacións musicais.

    Mayo ten que sumar a todo isto a promoción en solitario e as actuacións en diversas salas galegas ademais da elaboración de material para outra faceta a sumar na súa carreira: cantante de hip hop.

    Hoxe presentamos o primeiro tema de Diario de un fetichista baixo o título En esta cama. Uxío volve saír en ruta co resto de "cicloneiros" o venres 4 de marzo, e o grupo está traballando duro no que será a temporada 2011. Novo repertorio, nova montaxe máis espectacular e moitas sorpresas.

    O que dicía, que o titular de hoxe é moi chamativo pero nada máis. Non pode haber tempo para estar na cama...

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook