Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 05
    Agosto
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Música tributo nas festas de Ribeira e A Coruña

    brothers-in-band-2010

    A banda coruñesa BROTHERS IN BAND chega hoxe ás Festas do Verán en Ribeira, poucas horas despois estarán tocando nas de María Pita coruñesas. A banda tributo a Dire Straits ofrecerá en menos de 24 horas dous concertos que nos achegarán ao repertorio da mítica banda de Mark Knopfler.

    En Ribeira compartirán noite coas orquestras PARÍS DE NOIA e RITMO JOVEN. A banda coruñesa tocará na praza do Rueiro, a orquestra noiesa no Malecón en único pase e a formación musical RITMO JOVEN irá de última no parque García Bayón. Música de estilos variados para a segunda noite das festas ribeirenses que comezaron onte coa OLYMPUS. A orquestra de Negreira soubo manter o público ata o último tema do repertorio (Purple Rain de Prince). Hoxe non será menos.

    a-coruna-maria-pita-2010-ardebullo-bbArdebullo Bin Ban mañá nas festas da Coruña

    Na Coruña os BROTHERS IN BAND compartirán cartel con ARDEBULLO BIN BAN (a banda de Sito Sedes, mítica voz de LOS SATÉLITES) cun repertorio homenaxe ás verbenas dos 50, 60 e 70, e FACE TO FACE (homenaxe a Michael Jackson e Elvis Presley). Música tributo a grandes estrelas da música nas festas de María Pita.

    a-coruna-maria-pita-2010-cartel-tributo

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook