Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 08
    Enero
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Música solidaria da orquestra Pontevedra

    orquestra-pontevedra-2010-gala-sindrome-de-downCartel da XIII Gala Síndrome de Down Xuntos Pontevedra na que actuarán entre outros, Mario, gañador de OT 2009 e a orquestra Pontevedra

    Dentro dunhas horas a orquestra PONTEVEDRA ofrecerá unha nova actuación dentro da súa xira 2010; pero esta vez a gala será diferente. Trátase dunha festa organizada pola Asociación Síndrome de Down Xuntos de Pontevedra, que terá lugar hoxe día 8 de xaneiro no Pazo da Cultura de Pontevedra e que contará como prato forte coa actuación do gañador de Operación Triunfo 2009 e ex compoñente do grupo TEKILA, Mario.

    Este ano a gala chega á súa décimo terceira edicion e en todas elas a organización estivo da man dunha das voces masculinas da orquestra PONTEVEDRA, Ángel Barry. De todas estas edicións, en aproximadamente as nove últimas contouse coa colaboración desta afamada orquestra así como da súa axencia, Espectáculos Lito.

    Hoxe en Pontevedra, unha festa moi especial, que levará a boa música pero tamén a solidariedade e a máxima contribución para que estes nenos poidan vivir un pouco mellor.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook