Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 09
    Abril
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Música para unha fin de semana festeira

    orquesta-los-satelites-2010-cartel-webA orquestra Los Satélites cerra o luns as festas de San Telmo, en Tui

    Esta fin de semana parece que será a primeira con bo tempo. Xa non recordamos estas temperaturas; o inverno foi duro e a primavera veu disfrazada de frío e incluso neve. Así que para afacerse á nova situación e baixar do alto do armario a roupa máis fresca, nada mellor que boa festa. E diso temos aquí moitas propostas para estes días que anticipan xa a temporada do verán.

    Destacamos en Rarís (Teo) a Festa da Xuventude coa actuación do grupo CICLÓN e da orquestra PANORAMA, e en Lugo, no Palacio de Feiras e Congresos, o macrofestival con cinco orquestras de Alfa3, do que xa informamos en Festa a Festa. Pero hai máis onde escoller:

    VENRES DÍA 09 AIAZO - FRADES (A CORUÑA): Grupo Tekila e Orquestra Olympus BOIMORTO (A CORUÑA): Orquestras Aché e Panamá GOLMAR - A LARACHA: Grupo Aramio e orquestras Solara, Superfama e Trébol LUGO: No Pazo de Feiras e Congresos, orquestras Tropicana León, Suavecito, Los Player´s, Tango e Isla (entrada gratis) MIEITES - BOIRO (A CORUÑA): Grupo Triunfo PADERNE (A CORUÑA): Orquestra Marbella PADRÓN (A CORUÑA): Orquestras Philadelphia e Miramar PARADELA (MEIS - PONTEVEDRA): Orquestras Capitol e Los Satélites RARÍS (TEO - A CORUÑA): Grupo Ciclón e orquestra Panorama RIBEIRA (A CORUÑA): Orquestra Cinema VILOUCHADA – TRAZO (A CORUÑA): Orquestras Costa Oeste e París de Noia SÁBADO DÍA 10 BOEBRE - PONTEDEUME (A CORUÑA): Orquestra Los Satelites CORISTANCO (A CORUÑA): Orquestra Philadelphia (no pavillón) MIEITES (BOIRO - A CORUÑA): Grupo Océano e orquestra Costa Oeste PADRÓN (A CORUÑA): Grupo Tekila e orquestra Pontevedra PARADELA (MEIS - PONTEVEDRA): Orquestras Solara e Paradela SANTOMÉ DE OBRA - VILA DE CRUCES (PONTEVEDRA): Orquestras Aché e París de Noia (II Festa da Xuventude) TUI (PONTEVEDRA): Orquestra Capitol DOMINGO DÍA 11 CASTRELO - CAMBADOS (PONTEVEDRA): Orquestras Cinema e Jerusalén PADRÓN (A CORUÑA): Última verbena da Pascua coa orquestra TV Nordés e o grupo La Oca PARADELA (MEIS - PONTEVEDRA): Bolo de Pascua xigante e última verbena TUI (PONTEVEDRA): Orquestras Los Trovadores e Trébol LUNS DÍA 12 TUI (PONTEVEDRA): Fin de festas de San Telmo coa orquestra Los Satélites

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook