Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 07
    Octubre
    2013

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Música para premio

    Boa iniciativa para a música en todos os seus xéneros e estilos. Nacen os Premios Galegos da Música Martín Códax.

    Os I Premios Galegos da Música Martín Códax nacen grazas a unha iniciativa da asociación Músicos Ao Vivo que pretende aglutinar toda a profesión de músico e darlle, dun xeito multidisciplinar e ecléctico, unha maior proxección en todo tipo de ámbitos, incluído o da verbena. Velaquí toda a información sobre os premios:

    "Estaba claro que había un baleiro que encher e a receptividade da convocatoria estao confirmando. En pouco máis dunha semana os Premios Galegos da Música Martín Códax contan xa con más de 170 proxectos inscritos e con todas as categorías cubertas. O certame está sendo respaldado por grupos consolidados no panorama estatal e internacional como Triángulo de Amor Bizarro, Xoel López ou Berrogüetto, que con moita xenerosidade se suman a este proxecto e se poñen a altura de calquera outro músico que decida presentarse, demostrando que esta é a gran festa da música galega e a oportunidade para visibilizar e recoñecer o traballo de todos os nosos músicos.

    Con todo, desde a organización tamén admiten que, contra todo pronóstico, as categorías de Música Tradicional e Música de Verbena son as que van máis lentas, e isto a pesares da inxente cantidade de proxectos deste tipo que existen en Galicia; e animan a todos os que formen parte dunha orquestra, dunha charanga ou dun grupo de música de baile a que se inscriban e participen. Lembrade que pode presentarse como candidato todo aquel proxecto musical galego que estea vixente e en activo no ano 2013. Por proxecto musical galego enténdese todo aquel grupo, solista, ou colectivo que teña a súa residencia habitual e marco de actuación en Galicia. Se o proxecto é de fora de Galicia, deberán ser maioría os integrantes galeg@s, ou, polo menos, o 50%. Non será requisito imprescindible ter editado disco neste ano 2013, nin ter editado disco algún. Se ben a produción discográfica é algo que debe pesar e moito na traxectoria dun proxecto musical, estes premios pretenden valorar o feito musical ao vivo, independentemente do traballo discográfico. Os Premios Galegos da Música van dirixidos a tod@s @s músic@s, polo tanto, non é necesario ser soci@ de Músicos ao Vivo para presentarse a estes Premios. A inscrición será libre e gratuíta. So haberá que aportar unha imaxe, unha pequena descrición e dous audios." Tedes toda a información e o formulario de inscrición en www.premiosgalegosdamusica.com

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook