Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 23
    Abril
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Música e de todo en Expoordes

    ordes-expoordes-2010-cartel

    No concello de Ordes están cos preparativos para a coller a III Gala contra o cancro da orquestra PANORAMA o venres 30. Estanse habilitando zonas provisionais de aparcamento e ultimando detalles de loxística para intentar que non haxa ningún problema na vila. Pero esta fin de semana xa hai festa en Ordes.

    Expoordes trae atraccións para os máis pequenos, verbenas e unha feira multisectorial plenamente consolidada estes últimos anos. Tamén se inclúe o que antes de denominaba a feira do champiñón e que agora se converteu en degustación do champiñón polos locais de hostalaría da vila, de maneira gratuíta. Xa vai pola XXI edición.

    ODISEA o sábado e o renovado grupo JOCKER o domingo son os encargados de poñerlle música a unha cita onde se pode visitar todo tipo de stands na feira, comprar artesanía, comer o polbo no medio da festa ou os champiñóns polos locais, montar no carrusel, bailar un merengue ou gozar coa música de charanga e bailes folclóricos.

    De todo hai en Ordes esta fin de semana.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook