Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 14
    Agosto
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Monforte apura os últimos días de festa

    orquesta-poceiro-2009-cartel

    A orquestra Poceiro Big Band actúa esta noite nas festas de Monforte xunto coa cantante galega Uxía

    Desde o mércores pasado, a localidade de Monforte, capital da Ribeira Sacra, está de festas. As últimas actuacións aínda están por chegar nestas tres xornadas que quedan de verbena e concertos.

    Hoxe sábado está confirmada a actuación da orquestra POCEIRO BIG BAND e un concerto da man da artista galega UXÍA. Mañá domingo HOMBRES G, que actuarán dentro dunha semana nas festas de Betanzos, e a orquestra ATLANTA serán os encargados de poñer a música pola noite. E para rematar as actuacións de 2010, música contundente de LOS SUAVES.

    As festas deste ano víronse empañadas por un accidente acontecido na atracción de feira denominada GIGA KANGURO. O accidente deixou feridas leves a tres nenas monfortinas e levou a precintar a atracción mecánica que finalmente foi desmontada do recinto feiral. A pesar do acontecido en monforte hai que dicir que os accidentes en atraccións de feira son moi pouco habituais e as barracas que se instalan nas nosas festas cumpren rigorosos controis por parte da administración. Algúns concellos como Pontevedra, contratan persoal especializado para inspeccionar as atraccións de festas e só se lles dá permiso de funcionamento no caso de cumpriren todos os requisitos necesarios para abrir ao público.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook