Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 02
    Julio
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Moito rock e verbena con Assia nas festas de Mesoiro

    a-coruna-mesoiro-2010-mesoirock-2010-cartel

    O barrio máis novo da cidade da Coruña celebra esta fin de semana as súas festas. A principios do mes de xuño tivemos un mal presentimento ao ver que non había información sobre estas festas, que o ano pasado tiveron lugar na primeira semana de xuño xusto despois das dos Rosales. Pero foi só un mal presentimento, a organización, para economizar nestes tempos de crise, fai coincidir as celebracións do barrio coa outra gran cita musical, o Mesoirock & Folk.

    O sábado, co motivo do partido da selección, haberá instalada unha gran pantalla xigante na entrada do recinto e servizo de bar a prezos populares para poder congregar a un gran número de persoas. O Mesoirock 2010 ten unha parte máis "cañeira" o venres e un estilo máis pop rock o sábado. O prezo para os que non son socios da AA VV é de tan só 5 €.

    E despois de dúas xornadas de rock dentro dunha cita que pretende consolidarse dentro das grandes datas musicais na cidade, unha única xornada de verbena a cargo dun grupo asturiano que ten moi boa sona e boas críticas ano tras ano. Ademais non se prodigan moito por esta zona de Galicia así que haberá que aproveitar. O grupo ASSIA visita o barrio de Mesoiro para celebrar as súas festas. Será a partir das 21:30 horas. Xornada festiva, pois, asegurada.

    grupo-assia-2009-cartelO grupo asturiano Assia actuará o domingo na verbena das festas de Mesoiro

    PROGRAMA MESOIROCK 2010

    VENRES 2 DE JULIO

    THE WHO LIES 19:00H GRANKAPO 20:00H THE EYES 21:00H RIFF RAFF 22:00H KONFLIKTO 23:15H JABON BLUE 00:15H BLAZE BAILEY 01:15H

    SÁBADO 3 DE JULIO

    PILO SIERRA 19:00H FRIKIPALDIS 20:00H REVOLUJION 21:00H LOS MAC AND RONES 22:15H SANTI CAMPILLO & THE ELECTRIC BAND 23:30H LUCAS MASCIANO 01:45H

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook