Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 27
    Abril
    2013

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Máis San Xurxo esta fin de semana

    Grupo Ciclón - 2010 - 030 - Ribeira O grupo Ciclón chega esta noite a Bamonde, Teo, coa súa proposta verbeneira Celestial Tour 2013

    Desde a fin de semana pasada celébranse por moitos concellos de Galicia as festas de San Xorxe (día 23). Esta noite chegan a Bamonde, no concello de Teo, coa actuación das formacións musicais CHANNEL e CICLÓN, e unha sesión DJ a cargo de DJ G.

    O Celestial Tour 2013 dos amigos do grupo compostelán será unha das atraccións principais deste ano no San Xurxo da parroquia teense. CICLÓN presenta este ano unha xira potente con moitas novidades no grupo de compoñentes e na montaxe, con ampliación do escenario incluída.

    Mañá será a segunda xornada festeira aínda que non haberá verbena como tal, terá lugar un acto relixioso e un pasarrúas.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook