Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 24
    Abril
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Máis San Marcos que en Noia

    Orquesta Aché 2010Aché e Fania Blanco Show no san Marcos de Bando, Santiago de Compostela

    Ademais das famosas festas de San Marcos en Noia, que traerán para a noite do luns, e como cerre, a actuación das orquestras PANAMÁ e PARÍS DE NOIA, no lugar de Bando, en Compostela, tamén celebran o patrón con moita música.

    Xa haberá ao mediodía unha sesión vermú por parte da orquestra coruñesa FANIA BLANCO SHOW. Pola noite, a orquestra de Cambre e, pensamos, que a formación galega que máis membros ten da mesma familia nas súas filas, estará a compañada por outra orquestra considerada a revelación da pasada temporada debido ao éxito que acadou: ACHÉ chega a terras compostelás para facer unha noite de festa inesquecible. FANIA e ACHÉ levan a festa hoxe a Bando.

    Romaría Solidaria con Haití A Barcala_14A orquestra Fania Blanco Show xa amenizará a sesión vermú en Bando

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook