Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 04
    Abril
    2013

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Máis Pascua en Padrón

    Padrón 2013 - Pascua - cartel orquestras Padrón encara os últimos días de festa con orquestras e grupos de renome

    Aínda que os días principais da Pascua xa pasaron en Padrón, se temos en conta o cartel preparado para os tres últimos días de celebración, o de "Pascuílla" ou Pascua pequena non ten moito que ver coa realidade verbeneira pois as formacións que faltan por actuar en terras rosalianas son ben coñecidas e potentes, e levan nos seus repertorios todos os estilos esperables para unha verbena e algún máis.

    Tres formacións serán as que actúen hoxe venres en Padrón: SOLARA no lateral do campo de fútbol (zona onde están instalados os Karts), o grupo OCÉANO no Paseo do Espolón e a orquestra DA TELEVISIÓN NORDÉS na praza de Fondo de Vila. Ademais é o día sinalado para o Festival de DJ. O sábado dúas formacións punteiras, cada unha no seu estilo: CICLÓN no Paseo do Espolón e SINTONÍA DE VIGO, unha das orquestras de baile máis recoñecidas de Galicia, na praza de Fondo de Vila. E para rematar o domingo, outra das potentes: GRAN PARADA, acompañada do considerado grupo revelación 2012, CLAXXON, que ademais estrea vistoso escenario.

    O dito, o programa musical de Padrón remata potente un ano máis. As atraccións do campo do Souto dan as últimas voltas, o ano que vén, máis...

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook