Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 03
    Julio
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Máis festas con soleira para esta fin de semana

    oza-dos-rios-2010-cartelCartel promocional das festas de Oza dos Ríos

    Oza dos Ríos, Ronfe (Láncara) ou Crendes (Abegondo) celebran as súas festas esta fin de semana, entre outros moitos lugares que teñen esta fin de semana as festas de San Pedro atrasadas ou as do Rosario. Tamén celebracións gastronómicas como a do Pan de Cea, o Mexillón de Corme, as Cereixas de Paiosaco ou Vilacoba e, tamén as festas do Carme en Pontecesures con churros incluídos.

    Algunhas delas comezaron xa onte pero a maioría farao hoxe sábado, como en Oza dos Ríos onde actuará a orquestra VERSALLES, mañá tócalle á orquestra coruñesa FANIA BLANCO SHOW e o luns cerra as celebracións o espectáculo da Xira do Xacobeo da orquestra PANORAMA.

    lancara-ronfe-2010-cartel

    En Ronfe será precisamente a orquestra coruñesa VERSALLES a que amenice mañá as festas da localidade. Hoxe ábreas o dúo LUNA e o luns cerran dúas grandes orquestras como son ABANICO e GRAN PARADA, dúas das agrupacións rianxeiras de máis sona de Galicia.

    orquesta-la-bambola-2010-cartel

    Cartel da orquestra La Bámbola de Vilagarcía de Arousa

    En Crendes están de celebración do San Pedro. Onte abriu as festas a orquestra XENTE NOVA (que mañá cerrará en Dorneda, Oleiros). Hoxe actúa a orquestra LA BÁMBOLA que vén desde Vilagarcía de Arousa para presentar o seu novo espectáculo e para cerrar as celebracións, mañá o grupo CHASTON.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook