Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 24
    Julio
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Máis de trescentos mil euros en pirotecnia no Apóstolo 2010

    Santiago de Compostela - 2010 - Festas do Apóstolo - cartel

    Desde o pasado 16 de xullo pódese gozar do completo programa das festas do Apóstolo en Compostela. As máis importantes do concello levaranse a cabo ata o día 31.

    Tres orquestras serán as encargadas de amenizar as verbenas na Alameda santiaguesa. GRAN CANARIA hoxe sábado coincidindo co concerto de LAMATUMBÁ na Quintana, a CHARLESTON BIG BAND mañá domingo coincidindo con outro concerto, esta vez de MILLADOIRO (tamén na Quintana) e a SUAVECITO o último día de celebracións, coincidindo cun dos concertos máis importantes desta edición, o de JEAN-MICHEL JARRE no Obradoiro.

    Xa pasaron por Compostela artistas do nivel de MELENDI ou BEBE, aínda que faltan algúns outros como PEREZA, ELVIS COSTELO ou DIANA KRALL. Mención á parte merece a figura de MARK KNOPFLER, que actuará no Multiusos Fontes do Sar o mércores 28.

    E non hai festa sen fogos artificiais. Nada máis e nada menos que sobre 360.000 euros en pirotecnia se gastarán en Compostela os días 24 e seguintes ata o 31. O esforzo do Xacobeo e mais do Concello permite que este ano as sesións pirotécnicas sexan de excepción, como en cada ano Xacobeo, e así haxa réplicas, a partir do día 25 e ata o 31, da gran sesión da noite do 24.

    As atraccións de Santa Susana, as orquestras na Alameda, concertos na Quintana, Obradoiro ou Sar e un completo programa de actividades lúdicas confeccionan un cartel moi interesante un ano máis en Compostela. Que se note que é a capital...

    orquesta-gran-canaria-2010-cartelA orquestra Gran Canaria na Alameda e Lamatumbá na Quintana, hoxe en Compostela

    charleston-big-band-cartel-2009A orquestra padronesa Charleston Big Band será a encargada da verbena na Alameda mañá domingo. Na Quintana, concerto de Milladoiro

    suavecito-orquesta-2010-cartel-pequenoA orquestra Suavecito cerrará as verbenas da Alameda o día 31. Esa noite no Obradoiro, Jean-Michel Jarre en concerto

    Pódese consultar o programa completo das festas do Apóstolo na páxina web do concello de Santiago de Compostela.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook