Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 12
    Abril
    2014

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Máis de 30 anos de exaltación do viño de Amandi, en Sober

    Sober 2014 - XXXIV Feira do Viño de Amandi - cartelCartel promocional da Feira do Viño de Amandi, que este ano chega á súa edición número 34

    Xa van alá 34 anos da primeira Feira do Viño de Amandi, evento de exaltación dun dos produtos estrela de Galicia, que cada ano colle novos pulos e maior asistencia de público. Nesta ocasión, e durante toda a fin de semana, ademais da feira propiamente dita cos stands dos viticultores pertencentes a vinte e catro bodegas, a feira estará amenizada con música: o gaiteiro CARLOS NÚÑEZ, ademais de ser o pregoeiro deste ano o domingo, será o encargado de ofrecer o concerto deste ano o sábado pola noite; unha proposta con música de noso, como cada ano vén sendo habitual (en 2012 actuou o grupo folk A RODA).

    A música de verbena chegará na tarde-noite do domingo, da man da orquestra coruñesa LOS SATÉLITES, con nova vocalista feminina.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook