Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 31
    Marzo
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Máis de 30 anos de exaltación do viño de Amandi, en Sober

    Sober 2012 - XXXII Feira do Viño de Amandi - cartel Cartel promocional da Feira do Viño de Amandi, que este ano chega á súa edición número 32

     Xa van alá 32 anos da primeira Feira do Viño de Amandi, evento de exaltación dun dos produtos estrela de Galicia, que cada ano colle novos pulos e maior asistencia de público. Nesta ocasión, e durante toda a fin de semana, ademais da feira propiamente dita cos stands dos viticultores pertencentes a vinte e catro bodegas, a feira estará amenizada con música de CE ORQUESTRA PHANTASMA (ás 18.30 horas na Casa da Cultura) e xa pola noite polo grupo folk A RODA.

    XXXII FEIRA DO VIÑO DE AMANDI

    Festa de Galicia de interese turístico, programa:

    - 31 de marzo: Apertura da feira ás 12:00 horas. A precata oficial de viños terá lugar na Casa da Cultura ás 18:30 horas, para dar paso ao concerto de Ce Orquestra Phantasma. Pola noite será o grupo A Roda quen anime a celebración.

    - 1 de abril: Apertura da feira ás 10:30 horas, e cata oficial a partir das 11:30 horas. Pasado o mediodía, recepción de autoridades, lectura de pregón e entrega de premios aos bodegueiros.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook