Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 19
    Abril
    2013

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Máis Burlesque esta noite en Lobios

    Olympus 2013 - orquesta - cartel

    A localidade ourensá de Lobios está preparada para recibir esta noite a miles de festeiros decididos a pasar unha boa noite coa orquestra OLYMPUS. Cousa nada difícil polo alto poder de convocatoria que ten esta formación musical e, ademais, polo novidoso espectáculo deste ano. BURLESQUE, nome co que se bautizou a xira desta temporada, chega esta noite a Lobios con novidades.

    Aínda que o groso do espectáculo xa foi presentado en datas recentes, OLYMPUS sempre ten gardado na manga o efecto sorpresa para que cada noite sexa diferente e única. Coas novidades desta noite enriquecerase un espectáculo moi coidado e distinto ao que normalmente vemos nos campos da festa. Repertorio actualizado, posta en escena nova, montaxe de escenario espectacular, así como a iluminación en cada tema musical. OLYMPUS chega a terras ourensás decidida a non deixar indiferente a ninguén, e normalmente conségueno.

    A festa desta noite, na explanada de San Roque, complétase cunha discoteca móbil e sesión de DJ.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook