Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 23
    Enero
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Máis atraccións para a Pascua de Padrón

    padron-pascua-fotoAtraccións de feira instaladas no campo do Souto, en Padrón, para as festas da Pascua

    O campo do Souto, o Paseo do Espolón e mais a explanada da polideportiva (onde no inverno están instaladas as casetas do polbo para o feirón dos domingos) son os lugares escollidos tradicionalmente para instalar as atraccións de feira, casetas e demais postos cada ano para as festas da Pascua de Padrón; as máis importantes da comarca e unhas das principais de Galicia. Coa Pascua padronesa dáse o "pistoletazo oficial" ás grandes feiras de Galicia que rematan en Mondoñedo no mes de outubro, xusto despois do San Froilán lugués.

    E na primeira gran feira galega parece que este ano vai haber novidades. No referente á instalación das atraccións de feira o Concello está disposto a ampliar o recinto para poder acoller máis artiluxios mecánicos, sobre todo de grande envergadura, que contribúan á diversidade e calidade dos "cacharriños" que se instalan anualmente na terra de Rosalía.

    Trataríase de facilitar para as grandes atraccións mecánicas unha nova localización no centro da vila, a continuación de onde agora se instalan os aparatos máis grandes, detrás do campo de fútbol, á beira do río, nas inmediacións da gardaría (en fronte ao lugar onde agora se instalan as caravanas dos feirantes, no entorno do IES). Neste recinto poderíanse instalar ata un total de seis grandes atraccións do tipo da noria xigante ou da montaña rusa, e esta decisión á parte de ampliar o recinto das barracas, implicaría a inclusión dunha nova zona dentro do recinto "oficial" das festas, co que isto implica para a hostalaría da zona.

    No mes de xaneiro cerrouse o prazo para a instalación de atraccións de feira nos lugares de costume (Espolón, Souto e explanada) e no vindeiro mes de febreiro abrirase un novo prazo para intentar cubrir as prazas destinadas a grandes aparatos no novo lugar. Aqueles feirantes que non conseguisen praza nos lugares de sempre poden optar a ocupar un espazo no novo recinto.

    En tempos de crise parece moi difícil que o número de atraccións nas festas poida aumentar, e máis visto o ano pasado no que en moitas grandes feiras de atraccións galegas non se ocupou o recinto na súa totalidade, como no caso de Boiro, Ribeira ou Arteixo, ou mesmo en Padrón fallaron algunhas das grandes atraccións que acudían á festa... pero a Pascua é a Pascua e probablemente vexamos atraccións importantes detrás do campo de fútbol.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook