Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 22
    Agosto
    2014

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Miguel Caldas, baixa en Filadelfia 2015

    Miguel Caldas, baixa na orquestra Filadelfia para a próxima temporada. Foto: Cintia M. Costas Pérez

    Cada ano parece que empezan antes os bailes nas orquestras, e non nos referimos ao acto de bailar diante do escenario, senón aos cambios que se aveciñan para a próxima temporada. E aínda que estamos a mediados de agosto, xa hai algúns nomes que causan baixa nalgunhas orquestras.

    Fíxose oficial estes días a baixa en OLYMPUS de dous músicos para o ano que vén, algunha cantante doutras orquestras e, hoxe, a baixa de Miguel Caldas, vocalista, na orquestra FILADELFIA.

    A baixa farase efectiva o día 31 de outubro, no que a orquestra toma as vacacións da temporada. Miguel anuncia no seu facebook que será ese día cando remate a súa relación contractual con FILADELFIA, e non adianta nada do seu próximo destino aínda que avisa que "proximamente" haberá noticias.

    Esperamos poder seguir gozando do bo facer de Miguel Caldas noutra formación musical. Seguiremos informando.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook