Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 17
    Octubre
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Miami Show dá volta atrás

    Orquesta Miami Show 2012 - Kerry VarellaAlgúns compoñentes como Kerry Varella (foto) ou Llica Bascoy anunciaron a súa saída da orquestra antes de coñecerse que Miami Show, de momento, non sairá

    Moita expectación creou a noticia da saída da espectacular nova orquestra MIAMI SHOW. Unha expectación que quedará só niso, porque a formación musical non saíra, polo menos de momento. A día de hoxe podemos afirmar que MIAMI SHOW non existe. Diversos problemas internos precipitaron a saída dalgúns compoñentes e do socio que creara a que ía ser a súa orquestra a un mes da presentación oficial.

    Fóra de coñecer cales son eses problemas internos, que a nós non nos incumben, o que si é certo é que MIAMI SHOW non se estreará o día 4 de novembro, tal como estaba programado, e a día de hoxe non ten claro o seu futuro. Algúns compoñentes como Kerry Varella ou Llica Bascoy abandonaron o proxecto aos poucos días de integrarse (xa antes Cristina Souto deixara a orquestra nas primeiras datas de ensaios), e outros compoñentes (a maioría) integraranse nunha nova formación musical da que iremos dando conta segundo nos chegue a información.

    Nada sabemos do futuro do espectacular escenario que a orquestra ía estrear; aínda que parece que a vontade do socio que queda co nome MIAMI SHOW é a de seguir adiante, pero con outros compoñentes. Quizais vexamos algún día a MIAMI SHOW, pero non será en breve...

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook