Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 06
    Noviembre
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Metrópolis crece en 2012

    Grupo Metrópolis 2012 - Jenny VicenteJenny Vicente, unha das novas vocalistas do grupo Metrópolis para a temporada 2012

    Foi unha das formacións musicais revelación en 2011. O grupo METRÓPLIS nacía da man de experimentados profesionais da verbena e o resultado non podía ser outro. Porque onde hai experiencia o traballo só pode saír ben.

    Pois METRÓPOLIS achéganos os cambios para 2012. A piques de volver das vacacións a formación musical presentará dúas novas caras femininas, porque METRÓPOLIS medra coa incorporación dunha nova voz. A baixa de Arantxa no grupo súplese coa entrada de dúas novas vocalistas, novas nos dous sentidos da palabra: Jenny Vicente e Fany Suárez. Así a formación mestura a veteranía dos músicos coa xuventude das voces femininas.

    METRÓPOLIS faise grande a marchas forzadas. A ampliación do grupo lévase a cabo só unha temporada despois de presentarse como nova formación da man de Espectáculos Lito. Coa incorporación dunha nova voz ampliarase o repertorio e o rexistro vocal, sen dúbida, ademais de achegar ao grupo máis frescura e dinamismo.

    O resto de compoñentes mantense como en 2011: as voces masculinas Ángel e Pablo e os músicos (Esteban na batería, Carliños no baixo, Borja na guitarra e Carlos nos teclados).

    Pronto poderemos ver a nova imaxe de METRÓPOLIS para 2012 e todas as novidades que se están preparando desde a dirección da formación musical, que quere agradecerlles ás comisións de festas, representantes e público en xeral a acollida que tivo a banda neste primeiro ano de andadura. Estamos seguros de que nesta nova temporada METRÓPOLIS seguirá medrando.

    Grupo Metrópolis 2012 - Fany SuárezA outra fichaxe de Metrópolis, a cantante Fany Suárez

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook