Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 19
    Abril
    2014

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Metrópolis 2014, máis grande

    Grupo Metrópolis 2014 - cartel Nova temporada para o grupo coruñés Metrópolis, con ampliación de músicos e novidades na montaxe e no repertorio

    O grupo coruñés METRÓPOLIS acaba de iniciar temporada. O pasado mércores os compoñentes da formación musical traballaban no último ensaio antes da primeira saída, en Malpica de Bergantiños o xoves. O pequeno grupo que saía en 2011 foise facendo un oco nos nomes de grupos verbeneiros, e tamén foi medrando en todos os sentidos. A primeira formación constaba de sete membros (unha voz feminina, dúas masculinas); máis tarde pasou a ser de dúas voces femininas (8 membros); a pasada temporada perdía unha das voces e volvía a ter unha voz feminina aínda que mantiña o número de membros. Xa en 2014, o grupo coruñés volve medrar e pasa a 9 membros: unha voz feminina, tres voces masculinas e cinco músicos.

    Con só un cambio na formación musical, o batería Esteban García (procedente de formacións como LIMÓN ou CINEMA) e a ampliación de voces, Gabriel Cea, procedente de formacións como IMPERIO ou NIEVLA, METRÓPOLIS 2014 queda do seguinte xeito:

    Paula Suárez (voz)

    Ángel Enjo (voz)

    Adrián Hermida (voz)

    Gabriel Cea (voz)

    Esteban García (batería)

    Borja López (guitarra)

    Carlos Santos (baixo)

    Eduardo Machín (teclados)

    Pablo Manuel (saxo)

    Con novo repertorio, cambios na montaxe e moitas máis sorpresas, METRÓPOLIS 2014 xa está en ruta, e entre outras, algunhas das máis próximas son o Santo Cristo de Fisterra, cerrando mañá luns as festas, ou o San Marcos San Marcos en Corcubión a próxima fin de semana, onde os festeiros poderán ver as novidades do grupo e, sobre todo, gozar co seu repertorio 100% de verbena e cañeiro para contentar a todos os públicos.

    METROPOLÍZATE!!!

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook