Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 02
    Junio
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Maxia, tradición e festa en Redondela: Coca 2010

    redondela-festas-da-coca-2010-cartel

    “Conta a lenda que, hai moitos séculos, vivía cerca de Redondela un dragón que de vez en cando chegaba á vila para levarse a unha moza á súa cova. Así o fixo varias veces, ata que os mozos mariñeiros se armaron de coraxe e un día acordaron encararse ao monstro. Así o fixeron e despois dunha dura loita saíron vitoriosos. Xa vencido, trouxérono á vila, ao mesmo tempo que liberaron as mozas que tiña na cova. Foi aquí, en Redondela, despois de que o dragón dese os seus últimos suspiros, cando os valentes mozos, colléndose as espadas uns aos outros, empezaron a bailar arredor do  dragón morto“.

    A festa do Corpus ten en Redondela selo propio: A FESTA DA COCA, que se celebra desde o 02 ata o 06 de xuño na vila pontevedresa con multitude de actos festivos entre os que salientan a DANZA DAS ESPADAS e o BAILE DAS PENLAS. A primeira simboliza a loita vitoriosa dos mozos contra o dragón e o segundo é unha especie de baile infantil onde as nenas son vestidas de branco e levan ás de anxo.

    Dentro dun ambiente medieval, esta edición volverá a haber mercado artesanal, teatro, pasarrúas de guerreiros, danzarinas, trasnos e fadas…, o trasno contacontos, o baile do lume, etc…

    E outras actividades lúdicas máis xerais serán a elaboración das alfombras florais (mércores), o desfile da coca (xoves), competicións deportivas e verbenas.

    PROGRAMA DE VERBENAS COCA 2010

    MÉRCORES DÍA 2.- LOS SATÉLITES

    XOVES DÍA 3.- LOS PLAYER'S

    VENRES DÍA 4.- CAPITOL e AMÉRICA

    SÁBADO DÍA 5.- GRAN CANARIA e TANGO

    DOMINGO DÍA 6.- LAMAS e ALCOTÁN

    Podes consultar o programa completo das Festas da Coca 2010

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook