Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 18
    Enero
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Marta Valiño, voz de Olympus, tamén na rede

    orquesta-olympus-2010-web-marta-valinoPortada da páxina web de Marta Valiño, cantante da orquestra Olympus

    A historia máis recente de dúas orquestras como son COSTA OESTE e OLYMPUS non se podería escribir sen ter en conta a unha das artistas máis completas do panorama orquesteiro actual: Marta Valiño.

    A cantante viguesa, que formou parte de orquestras como MARAZUL ou TANGO nos seus inicios, é moi coñecida por ser a única voz feminina de COSTA OESTE durante once anos (e un ano máis compartindo escenario na mesma orquestra con Sonia Montero) e estas dúas últimas temporadas por ser, tamén a única voz, en OLYMPUS.

    E na orquestra de Negreira continúa nesta nova etapa 2010, e para coñecela un pouco máis xa está operativa desde hai un tempo a súa páxina web oficial, con apartados de bibliografía, fotos (tanto en COSTA OESTE como en OLYMPUS), vídeos das temporadas 2009 e 2010, novidades, cancións, unha entrevista, enlaces de interese e outros apartados que se irán actualizando co novo tour 2010 de OLYMPUS: Al final del camino.

    Os seguidores da cantante e da orquestra xa teñen unha canle máis para coñecer mellor a Marta Valiño e seguir, tamén desde a casa, a nova xira.

    Páxina web de Marta Valiño: http://martavalino.es.tl

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook