Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 14
    Octubre
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Marta Valiño regresa a Costa Oeste

    Orquesta Olympus - 2010 - 0033 - Parada (Ordes)Marta Valiño, vocalista de Olympus, fichaxe estrela en Costa Oeste 2011 / © Foto: roxegar 2010

    En exclusiva podemos confirmar desde Festa a Festa unha das fichaxes máis importantes para a próxima temporada 2011: Marta Valiño volve para a orquestra COSTA OESTE despois de dous anos en OLYMPUS.

    Acaban así as especulacións que situaban a Marta en orquestras como CHARLESTON BIG BAND despois de coñecerse que non seguiría formando parte da orquestra de Negreira e que a nova cantante podería ser Jessica Santín.

    Orquesta Olympus - 2010 - 0016 - Parada (Ordes)

    Marta Valiño durante unha actuación de Olympus 2010 presentando a xira Ao final do Camiño, que conclúe o 31 de outubro / © Foto: roxegar 2010

    A noticia creará moita expectación e non é para menos. Marta está considerada por moitos, entre os que nos incluímos, unha das mellores voces da verbena galega e todos estes anos, tanto en solitario como acompañada en 2008 por Sonia en COSTA OESTE, ofreceu repertorios moi traballados e adecuados á súa voz que ela soubo adaptar como poucas.

    Orquesta Olympus - 2009 - 001

    Marta Valiño nunha actuación de 2009 con Olympus e o espectáculo El poder de la magia / © Foto: roxegar 2009

    Por outro lado non é moi usual que un compoñente de orquestra regrese a unha formación na que traballou no pasado. Véñennos á cabeza algúns casos como o de Diana Cea que volveu á PANORAMA despois de estar unha temporada en PHILADELPHIA, ou o de Vanessa Fernández que volveu anos despois a CINEMA, onde está actualmente.

    Orquesta Costa Oeste - 2007 - 001

    Marta Valiño en Costa Oeste 2007 / © Foto: roxegar 2007

    Pois Marta é a nova fichaxe para COSTA OESTE 2011 en substitución de Dunia Santana. A vocalista volve para a orquestra na que traballou como única voz durante máis de dez anos e onde no último ano que estivo compartiu dianteira con Sonia Montero, coa cal se volve encontrar. Se non hai cambios nos vocalistas, volverase repetir en COSTA OESTE a dianteira de 2008: Javi Comesaña, Juan Carlos Terán, Sonia Montero e Marta Valiño.

    Orquesta Costa Oeste - 2008 - 001A dianteira da orquestra Costa Oeste 2008 volverase a repetir o ano que vén, de non haber cambios nos cantantes. De esquerda a dereita: Juan Carlos Terán, Marta Valiño, Sonia Montero e Javier Comesaña / © Foto: roxegar 2008

    O próximo día 31 de outubro remata a estancia de Marta na orquestra OLYMPUS onde exerceu como única vocalista feminina. Dous anos nos que a artista brillou con luz propia e seguiu medrando como cantante. En breve, xa na dianteira de COSTA OESTE, a súa casa como quen di, agardamos que siga colleitando o mesmo éxito ou máis se cabe.

    Orquesta Olympus - 2009 - 002Marta Valiño na xira de Olympus 2009 / © Foto: roxegar 2009

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook